TARXETA "AMIZADE VISIBLE" (doazón de 5 €)

Nestas datas é moi típico facer no traballo ou entre a familia ou as amizades agasallos d@ amig@ invisible. Moitas veces resulta difícil regalar algo significativo con poucos cartos, nós facemos unha proposta insuperable: regala solidariedade e responsabilidade aquí e forza e apoio para as que están alá. Presentamos as nosas tarxetas da amizade visible. Por 5 €, o mellor regalo do mundo. Pódelas mercar agora mesmo, a través de Paypal, premendo neste botón. Podes pagar con tarxeta de crédito ou coa túa conta de Paypal, se a tes. É totalmente seguro e non pagarás comisión. Indica o teu nome e enderezo e farémoscha chegar antes de que te deas conta.

tarxeta amizade invisible



AXENDA DO DESENVOLVEMENTO 2011
Ao ano 2010 quédanlle, por así dicilo, dous telexornais e en Implicadas temos todo preparado para ofrecervos a nosa axenda do desenvolvemento para o ano que comeza. O 2011, como saberedes, está dedicado á violencia de xénero, en especial ao infanticidio feminino, dentro do marco da campaña 1 de 200. Na axenda atoparedes moitos contidos sobre o tema, porque como todos os anos, non só é bonita por fóra, senón tamén por dentro, por todo o que nos conta.
¡E ademais é ecolóxica, non o esquezades! Está feita en papel reciclado, deseñada, maquetada e impresa en Galicia e é pequeniña e manexable. Vamos, que non lle falta de nada.
Pódelas mercar no noso local, nos máis de 50 puntos de venda de toda Galicia, nos actos da campaña ou agora mesmo, a través de Paypal, premendo neste botón. Podes pagar con tarxeta bancaria ou coa túa conta de Paypal, se a tes. É totalmente seguro e non pagarás comisión (só 2,50 € de gastos de envío por correo ordinario). Indica o teu nome e enderezo e farémoste chegar as papeletas.


  axenda do desenvolvemento 2011