Fai a túa campaña!

¿Es escritor/a e che gustaría participar na campaña?

 

Buscamos escritor@s para colaborar nunha actividade con centros de ensino que se chamará "200 palabras". Máis info. Interésate? Escríbenos.

 


¿Calcetas? ¿Fas gancho? Tamén queremos contar contigo

 

Andamos a facer unha colcha colectiva e solidaria para sorteala (os boletos custan 2 €) e recadar fondos para os nosos proxectos da India. ¿Queres colaborar? Infórmate aquí. Se participas podes gañar un gran lote de produtos de Implicadas.


 

Gustaríache formar parte da campaña? Hai moitos xeitos nos que podes colaborar, tanto como persoa individual como se formas parte dunha organización ou colectivo. A continuación propoñémoste algúns, pero a nosa caixa do correo está aberta a todas as propostas. Escríbenos!

  • Publicita a campaña na Internet. Na sección Materiais podes encontrar distintos modelos de banners para poñer na túa web, blog ou MySpace.
  • Ofrécete como voluntari@ para colaborar en tarefas necesarias para a preparación das actividades da campaña da túa localidade.
  • Participa nas actividades da túa zona, leva as túas amizades ou familia.
  • Se non hai ningunha na túa vila, organiza unha! Implicadas proporcionarache materiais da campaña para facela. Non tes máis que pedilos.
  • Implica ao teu centro de ensino, asociación veciñal ou cultural, grupo de música, etc. Non tes por qué organizar unha actividade, tamén podes integrar a campaña nunha xa existente. Pensa con creatividade, pode ser calquera cousa, dende un magosto a unha carreira, pasando por un concerto, o festival de fin de curso da túa escola, unha festa, unha gimkana...



 

Implicadas/os No Desenvolvemento | www.implicadas.com | info@implicadas.com | 886 111 911