Fai clic nos días destacados para coñecer as actividades que temos preparadas para esa xornada. Os calendarios iranse actualizando a medida que se confirmen novas actividades. ¡Non perdas ningunha!

 

 

calendario outubro   calendario novembro   calendario decembro
         
calendario xaneiro   calendario febreiro   calendario marzo
         
calendario abril   calendario maio   calendario xuño
actividade 6 de outubro actividade do 23 e 24 de outubro

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OUTUBRO

  • Mércores 6, Santiago de Compostela: Presentación da campaña na praza do Toural ás 18.30 h, coa participación de Luís Tosar, que atenderá as persoas que desexen facerse socias como un voluntario máis de Implicadas. Previamente, en rolda de prensa, amosará o apoio á campaña 1 de 200 e ao traballo da nosa organización facéndose socio perante a prensa e animando a toda a xente a imitar o seu exemplo.

  • Domingo 10, Lugo: Mesa informativa. A partir das 11 da mañá na Praza de Santo Domingo.

  • Sábado e domingo 23 e 24, Lugo: encontro entre profesionais da ilustración e voluntariado de Implicadas para crear a exposición "Os meus ollos, as túas mans". Presentación da campaña a medios e público o domingo, na Praza Maior, cunha mañá de "portas abertas", na que toda a xente interesada poderá falar co noso voluntariado para coñecer o noso labor e desfrutar in situ da parte artística do proceso de creación da expoisición, pois as ilustradoras e ilustradores realizarán o seu traballo na rúa. Tamén contaremos coa participación de Anxo Moure, de contos solidarios, que de 13.00 a 13.30 compartirá con nós unha das súas historias marabillosas e solidarias. E, por suposto estará ao voso dispor unha mesa informativa e de venda de material para recadar fondos para a campaña.

Subir




NOVEMBRO

  • Mércores 10, Lugo: Entrevista con Quiteria Mejuto, Coordinadora do grupo de Lugo. Telelugo 22.00h.
  • Mércores 17, Pontevedra: Entrevista con Sonia Fernández, Coordinadora do grupo de Pontevedra, e Blanca Rodríguez, Secretaria. Onda Cero 13.30h.
  • Sábado 20, Vigo: Participación cun stand informativo e de vendas de materiais da campaña no Foro de ONGD de Vigo. Praza de Compostela - Alameda, en horario de 11.00h a 13.30h e de 16.30 a 19.30. Ese mesmo día se celebrará un concerto de “La Habitación Roja” no Auditorio do Concello. Haberá actividades dinámicas e poderedes gañar unha entrada para o concerto.

  • Martes 23, Lugo: Inauguración da Exposición "Os meus ollos, as túas mans", que pretende plasmar a visión da cooperación a través dos ollos do noso voluntariado e das mans de ilustradores e ilustradoras galegas.
    As obras que se expoñen, xurdiron dunha fin de semana de convivencia e intercambio na que @s artistas coñeceron e afondaron nas experiencias do voluntariado no seu traballo en Implicadas, tanto en Galicia como na India, así como as súas impresións e reflexións sobre temas como a cooperación ao desenvolvemento, a pobreza, a desigualdade Norte-Sur e de xénero... A exposición estará na cidade de Lugo ata o 22 de decembro. A entrada á inauguración é libre, agardámosvos alí. Non faltedes!
  • De venres 26 a domingo 28, Pontevedra: Participación no Culturgal cun stand e un obradoiro.

Subir




DECEMBRO

  • Sábado 11, Vigo: Presentación da campaña fronte ao mercado do Calvario, coa participación de Uxía Senlle e unha sorpresa moi especial.
  • De venres 10 a luns 13, Santiago: Participación na Feira de colectivos no Foro Mundial da Educación-Compostela cun stand informativo sobre a campaña e de vendas de materiais.
  • Domingo 12, Santiago: Obradoiro "O enfoque de xénero como ferramenta para promover a Cultura da Paz" no Foro 2010. Sala 6 do Centro de Comunicacións 10.00 a 13.00h.
  • Mércores 15, Santiago: Relatorio sobre o traballo de Implicadas e a campaña 1 de 200, máis mesa informativa e de vendas. Escola Oficial de Idiomas, 20.00h
  • Sábado 18, Pontevedra: Estaremos no Cantos na maré cunha mesa informativa e de vendas. Actuarán Lenine (Brasil), Guadi Galego (Galicia), António Zambujo (Portugal) y Aline Frazão (Angola). Pazo da Cultura, 21.00h.
  • Domingo 19, Santiago: Concerto "Coplas para Icía" de Xabier Díaz, con mesa informativa e de vendas de Implicadas. Xabier farase socio de Implicadas durante o concerto e animará ao público asistente a unirse tamén @s 1 de 200. Centro Cultural de Fontiñas, 18.30h.
  • Xoves 23, Santiago: Concerto de Cantigas do Nadal de Uxia e Sergio Tannus. Estaremos cunh mesa informativa e de vendas de Implicadas. Centro sociocultural de Fontiñas, 20.00h.

Subir




XANEIRO

  • Domingo 9, Santiago de Compostela: Implícate! Noite de música e palabra solidaria. Presentado por Yolanda Castaño e Luís Tosar. Teatro Principal, 20.30h.
  • Xoves 13, Piñor: Relatorio sobre o Proxecto para a eradicación do infanticidio feminino en Salem. Ademais, O Concello fará entrega ó persoal da asociación dun donativo de 800€, derivado do aforro enerxético polo retiro do alumeado municipal do Nadal. Salón de Plenos do Concello, 19.30h.

Subir




FEBREIRO

  • Sábado 12, A Coruña: Presentación da campaña 1 de 200 en A Coruña, coa participación de Yolanda Castaño e Antón Reixa. Fórum Metropolitano, 12.30h.

Subir




MARZO

  • Venres 4, Pontevedra: Presentación da campaña 1 de 200 en Pontevedra, coa participación de Celso Parada. Praza da Ferrería.
  • Xoves 10, Santiago de Compostela: Concerto de Xoán Curiel de fin da xira do disco "Nai", acompañado dos músicos: Xabier Olite, Álvaro Trillo, Sergio Tannus e Carlos Freire. Sala Nasa, 22.00h. Prezo: 5€.
    O músico lugués reitera o seu compromiso coa solidariedade e ofrecerá o seu concerto de peche de xira a prol da campaña 1 de 200. Haberá unha mesa informativa atendida por voluntariado de Implicadas e a entrada cederase íntegramente para o proxecto. Moitísimas grazas, Xoán e equipo!
  • Venres 11: Sorteo da colcha colectiva a prol dos proxectos da India: unha obra de artesanía feita a man por decenas de persoas que contribuíron a que fose posible, 200 rectángulos feitos a calceta e gancho, cheos de cor e sentimentos. Gañará a rifa que coincida cos 3 últimos número do sorteo da ONCE.
  • Venres 19, Tor: Inauguración da mostra: "Os meus ollos, as túas mans" ás 17.00h, Pazo de Tor.

Subir




ABRIL

  • Luns 4 ata finais de mes, Santiago: poderedes desfrutar da exposicións “Os meus ollos, as túas mans” no MODUS VIVENDI.
  • Venres 8, Pontevedra: A campaña 1 de 200 chega a Pontevedra da man de Celso Parada e coa colaboración da Facultade de Belas Artes da cidade. 18.00h, Praza da Ferrería.
  • Luns 11, Santiago: Presentamos un concerto solidario que se celebrará no Ultramarinos (Rúa das Casas reais, 34) ás 22.30 a prol de Implicadas no Desenvolvemento. As entradas custan 3 € e todos os cartos recadados irán destinados aos nosos proxectos na India. No concerto participarán artistas como Sergio Tannus Trio, Fred Martins, Xoán Curiel e máis artistas convidad@s.

Subir




MAIO

  • Domingo 1 ata o día 14, Arzúa: A exposición "Os meus ollos, as túas mans" permanecerá instalada na Capela da Madalena.
  • Sábado 14, Lugo: Día do Comercio Xusto, onde Implicadas contarán unha mesa informativa e de venda en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00.
  • Sábado 21, Cans (O Porriño): Implicadas estará na VIII edición do Festival de Cans. Ás 18.30 realizarase o anuncio oficial e a proxección do trailer do documental "Cambia de papel", que se atopa en proceso de produción e que María Reimóndez e Luís Tosar estiveron filmando no mes de marzo, xunto cun equipo támil, nos proxectos da India. Ademais, contaremos cunha mesa informativa e de venda de materiais onde as nosas voluntarias estarán á disposición do público asistente.




actividade do nove de xaneiro actividade 13 de xaneiro foro 2010 concerto de xabier díaz cantos na maré concertos no Ultramarinos concerto de uxía e sergio tannus actividade do doce de febreiro sorteo da colcha colectiva actividade do cinco de marzo concerto de xoán curiel
Implicadas/os No Desenvolvemento | www.implicadas.com | info@implicadas.com | 886 111 911