mapa da prevalencia infanticidio na India  
Cada mes presentaremos a campaña nunha cidade diferente, comezando en Santiago o 6 de outubro. En todas as presentacións contaremos coa presenza de persoas relevantes no mundo da cultura galega que desexan amosar así o seu compromiso cun tema tan importante como o infanticidio feminino e co traballo de Implicadas para a súa erradicación.

Ademais, todas as presentacións incluirán interesantes actividades (algunhas delas tamén sorprendentes) nas que agardamos a participación do público e que iremos anunciando no noso calendario. Non as perdades!

Como o seu nome indica, o Implícate é un acto no que se unen a cultura e a reflexión, un proxecto para unificar a cultura e a cooperación nunha noite solidaria que Implicadas ven celebrando de todos os anos en Compostela dende 2005. Nel participan, de xeito altruísta, representantes da música, o teatro, a poesía e a danza galegas e se promove á sensibilización (a través dunha serie de audiovisuais) sobre o tema ao que se dedica o acto, neste caso, a violencia de xénero, en concreto ao infanticidio feminino, arredor do que se artella toda a campaña 1 de 200.

O Implícate é froito do esforzo dun gran equipo voluntario e conta coa inestimable colaboración de diferentes persoas ligadas ao mundo do arte e da cultura galega, coordinado de xeito desinteresado e cunha entrega total por Celso Parada e Yolanda Castaño, que ademais presenta o acto xunto con Luís Tosar.

No 2011 e como xa é habitual, o acto celebrarase no Teatro Principal de Santiago, a noite do 9 de xaneiro. E, tamén como é habitual, o cartel non ten desperdizo, pois contaremos coa participación de:

MÚSICA
Leilía
Som do galpom (Xurxo)
Woyza (Sofía)

DANZA
Centro Coreográfico Galego

LITERATURA
Marica Campo
Ánxela Gracián
Agustín Fdez. Paz
Lino Braxe

TEATRO
"Life is a paripé" con Iolanda Muíños, César Goldi e Mos
Quico Cadaval

 

mapa da prevalencia infanticidio na India

foto Leilía

imaxe woyza

Durante toda a campaña haberá actividades culturais en moitos puntos de Galicia, dende concertos ata exposicións, pasando pola danza, o teatro e moito máis. Na sección Calendario iremos actualizando continuamente as actividades a medida que se confirme. Visítaa con frecuencia!

  • 200 palabras: A actividade "200 palabras" pretende levar a campaña 1 de 200 aos centros de ensino, ofrecendo ao alumnado a oportunidade de formar parte dela dun xeito creativo, en colaboración con escritoras e escritores en lingua galega. Máis información.
  • 200 músicas: A iniciativa "200 músicas"pretende implicar a diferentes artistas e grupos musicais para que integren a campaña nos seus concertos, manifestando o seu apoio, proxectando audiovisuais da campaña ou animando ao público a asociarse. Ademais, nalgúns concertos tamén haberá mesas informativas de Implicadas. Estamos aínda en fase de contactos, estade ao tanto do calendario para coñecer as datas dos concertos.
logo do foro 2010  

Non era posible que Implicadas perdese a oportunidade de formar parte dun evento da importancia do Foro 2010 - Foro Mundial da educación, que se celebrará en Santiago durante o mes de decembro. A nosa participación consistirá no seguinte:

  • Os días 10, 11, 12 e 13 estaremos na Feira de colectivos cun stand informativo e de venda de materiais.
  • Participaremos no Espazo audiovisual cos documentais A semente: India e A semente: Etiopía, producidos por Implicadas e que tratan sobre a nosa experiencia no uso nos proxectos da poderosa ferramenta contra a pobreza e a discriminación que son os grupos de axuda mutua.
  • Presentaremos unha actividade autoxestionada artellada arredor dos temas da campaña 1 de 200.
"Os meus ollos, as túas mans", que pretende plasmar a visión da cooperación a través dos ollos do noso voluntariado e das mans de ilustradores e ilustradoras galegas. As obras que a compoñen xurdiron dunha fin de semana de convivencia e intercambio na que @s artistas coñeceron e afondaron nas experiencias do voluntariado no seu traballo en Implicadas, tanto en Galicia como na India, así como as súas impresións e reflexións sobre temas como a cooperación ao desenvolvemento, a pobreza, a desigualdade Norte-Sur e de xénero...

A exposición presentouse na cidade de Lugo (Mesón do Forno, rúa Río Ser), onde permanecerá ata o 22 de decembro e, a seguir, iniciará un roteiro por diversas vilas galegas. Poñede atención ao calendario da páxina para coñecer as datas e lugares! Irémolas publicando a medida que estean confirmadas.

Dende Implicadas queremos agradecer ás ilustradoras e ilustradores a súa colaboración gratuíta neste pequeno proxecto: grazas polo voso tempo e a vosa arte.

ilustración de Jorge Fernández   ilustración de idoia de luxán   ilustración de rebeca lópez
Jorge Fernández
 
Idoia de Luxán
 
Rebeca López
ilustración de Elena Valverde   ilustración de patricia castelao   ilustración de maría álvarez
Elena Valverde
 
Patricia Castelao
 
María Álvarez
ilustración de almudena aparicio   ilustración de iván sende   ilustración de eva callón
Almudena Aparicio
 
Iván Sende
 
Eva Callón
ilustración Sago        
Ana María Piñeiro        
logo culturgal  
Os días 26, 27 e 28 de novembro estaremos cun stand no Culturgal, feira de industrias culturais galegas.

Implicadas no Desenvolvemento defínese como ONG por dúas características esenciais: o traballo dende o enfoque de xénero e a vontade decidida de facer cooperación dende Galicia, en galego e da man da nosa cultura.

A defensa da interculturalidade e a promoción do coñecemento e intercambio entre pobos é un dos alicerces do traballo de Implicadas, que aposta fortemente pola cultura e a arte como medio de transmisión de experiencias e coñecementos, así como vehículo de achegamento entre pobos. Este achegamento permite desfacer os discursos que están detrás da interacción entre a pobreza e a desigualdade de xénero, sinalando certas culturas (e non outras) como “machistas” e presentando ás mulleres dos países do sur como vítimas e non como axentes de cambio.

O obradoiro que presenta Implicadas no Culturgal (sábado 27 ás 17.00h, aula 1) pretende ser unha plataforma de deseño de actividades culturais que axuden a tender pontes entre pobos, mesturando o mundo da cooperación e o da cultura. Desenvolverase de xeito completamente participativo e práctico, para que ao seu remate se teña creado o xermolo de posibles proxectos que desenvolver no futuro.



Implicadas/os No Desenvolvemento | www.implicadas.com | info@implicadas.com | 886 111 911